Analizamos os alimentos que comemos habitualmente. Vantaxes e inconvintes.

Roda dos alimentos

Details

Os alimentos e os seus nutrientes

Segundo os nutrientes que conteñen, os alimentos clasifícanse en tes grupos: enerxéticos, construtivos  ou reguladores.

Os alimentos enerxéticos, conteñen, sobre todo, hidratos de carbonno ou graxas, que son os nutrientes que utilizamos para obter enerxía. Son alimentos enerxéticos os cereais e os seus produtos (fariñas, pasta, pan,..) as patacas ou o azucre son ricos en hidratos de carbono. Os aceites o touciñó ou a manteiga son ricas en graxas.

Os alimentos construtivos conteñen moitas proteínas, que son os nutrientes que utilizamos para crecer e para reparar o corpo. Son deste tipo as legumes, as carnes, os peixes, os ovos ou os lácteos.

Os alimentos reguladores son ricos en vitaminas, minerais e fibra vexetal, que utilizamos para que o corpo funcione ben e para previr enfermidades. As froitas e verduras son alimentos deste tipo.

froita.jpeg

Obradoiro "laboratorio"

Descargar taller de laboratorio.mp4 [69.11MB]
Details

Alimentación escolar

Programa aliméntate ben

A dieta

O conxunto dos alimentos e a auga que unha persoa toma cada día é a dieta desa persoa. Unha dieta é boa se cobre as nosas necesidades e nos axuda a manternos sans, é dicir, se é unha dieta saudable.

Como é unha dieta saudable?

A dieta saudable é aquela que contén unha cantidade suficiente de todos os nutrientes e de auga. É diferente para cada persoa en función das súas necesidades.

Recomendacións para ter unha dieta saudable:

  • Facer cinco comidas ao día,, pero, en cada unha, non comas máis nin menos do necesario.
  • Almorza alimentos enerxéticos en cantidades adecuadas para ter enerxía durante a mañá.
  • Non abuses dos alimentos con moita graxa.
  • Toma legumes, polo menos, unha ou dúas veces á semana.
  • Consume froitas e verdura a diario.
  • Intenta evitar as lambetadas, os bolos industriais e os refrescos azucarados e con gas, ou tómaos moi poucas veces.

A función de nutrición

A  nosa función de nutrición, como a de todo ser vivo, se realiza mediante catro procesos ou tarefas:


Alimentarnos e obter os nutrientes dos alimentos. Desta
tarefa encárgase o aparato dixestivo.
Respirar, é dicir, obter osíxeno e expulsar dióxido de carbono.
Faino o aparato respiratorio.
Distribuír substancias por todo o corpo. É dicir, recoller
o osíxeno e os nutrientes e levalos aos órganos e recoller
os refugallos dos órganos e levalos ata onde se expulsan.
Realízao o aparato circulatorio.
Expulsar os refugallos que producen os nosos órganos.
Desta tarefa encárganse o aparato excretor, as glándulas
sudoríparas e o aparato respiratorio.

Consellos para unha nutrición saudable

Saúde e hixiene do aparato dixestivo

• Sigue unha dieta saudable. Evita os cortes de dixestión debidos a sobreesforzos ou a cambios bruscos de temperatura despois de comeres.
Vixía os alimentos que tomas. Deben estar limpos ou ben cociñados e non estar estragados ou caducados.


Saúde e hixiene do aparato respiratorio


• Intenta inspirar o aire polo nariz, xa que nas fosas nasais o aire límpase de partículas e quéntase.
Evita inhalar fumes e substancias perigosas. Non pases moito tempo en lugares co aire moi contaminado e renova o aire das estancias.
Fai exercicios para fortalecer os músculos que controlan a respiración e para aumentar a túa capacidade pulmonar.


Saúde e hixiene do noso aparato circulatorio


Fai deporte de forma habitual para fortalecer o corazón, pero non fagas sobreesforzos para non o forzar.
Non abuses das graxas ou do sal nas comidas. Tómaas con moderación porque, co tempo, prexudican o aparato
circulatorio.


Saúde e hixiene dos nosos aparatos para a excreción


Bebe auga en cantidade abondo para facilitar o traballo de filtración dos riles e das glándulas sudoríparas e para repoñer as perdas de auga debidas á expulsión de ouriños e de suor.
Lávate a diario. Así eliminas da pel as substancias de refugallo eliminadas coa suor ou cos ouriños.
Cambia a diario a roupa que está en contacto coa pel; os restos da excreción acumúlanse nela e producen mal
olor e mesmo irritación.

Dieta saudable

Alimentación saudable

Almorzo San

Descargar almorzo san.mp4 [26.86MB]
Details

Mestres da cociña!

Descargar entroido2018.mp4 [39.45MB]
Details

O tomate...é importante!

Descargar entroido_tomate.mp4 [56.63MB]
Details