Aquí tedes unha proposta para seguir traballando a materia de Educación Plástica. Estou segura de que ides facendo moitas pequenas cousiñas relacionadas co “artísitico” máis imos cunha proposta para tod@s. 

Educación Plástica

Para iniciar é importante que consultedes primeiro o blog de Educación Física, a última entrada é unha proposta de “arte e movemento”. A proposta de Arte Liberada está aberta a todos os cursos de primaria co obxectivo de intentar facer unha obra artística colectiva.

Pero creo que vós podedes “afinar” un pouquiño máis... De paso, probamos cousas novas. Que vos parece? Non me vou a repetir coa proposta xa que está ben descrita no blog. Entón, aquí só vos vou a propoñer o que podedes facer vós a maiores partindo desta proposta xeral.

Imos aló! Propóñovos o seguinte para profundizar na proposta:

Sol Lewit

Pinchando aquí, podedes acceder a información sobre Sol Lewit a corrente estética minimalista.

 

Obra de Sol Lewit na práctica

Temperatura da cor

Para comprender un pouquiño máis a importancia da cor e o concepto de “temperatura da cor” podedes ver este video explicativo. Axudaravos a entender un pouco máis sobre as características da cor, algo que xa traballamos na clase.

Facemos triángulos equiláteros sinxelos

"Medias Lúas"

Que as vosas “medias lúas” sexan unha semicircunferencia debuxadas con regra e compás. Cando trazamos o diámetro dunha circunferencia obtemos dúas semicircunferencias.

Moito Ánimo

Con estas indicacións específicas para vós, elaborade a proposta de Arte Liberada. 

Encheremos a rúa de cores e arte!!

Moito ánimo... Eu póñome a traballar na miña e achegareina ao mural colectivo. :)