Colección: MATERIALES

ELASTICIDADE: ENSAIO DE TRACCIÓN

ESFORZO E DEFORMACIÓN

Un material sometido a unha forza ou tensión, produce unha deformacióndo mesmo. Se unha vez que remata a forza volve as dimensións primitivas entonces temos unha deformación elástica, e no caso de non volver teremos unha deformación plástica.

O ensaio de tracción é un dos mais importantes para determinar as propiedades mecánicas.

O ensaio consiste en someter a unha peza cilíndrica o prismática de dimensións normalizadas( probeta) a unha forza de tracción continua.

Se temos unha probeta de lonxitude L e unha sección S sometida  a unha forza F. Chamamos esforzo ou tensión a σ

 

 

As unidades no sistema internacional son o Pascal (N/m2)

Supoñemos que a varilla alargouse ata a unha lonxitude L, entón ΔL = L-L( alargamento).

Podemos definir como alargamento unitario, cociente entre o alargamento e  a lonxitude inicial L0

 

 

A veces se emprega a porcentaxe de alargamento %ε

 

Un material presenta dúas zonas en canto o comportamento de tracción

 

ZONA ELÁSTICA:Caracterizase por ao rematar as forzas aplicadas, os materiais recuperan a lonxitude inicial.

Ademais dentro da zona elástica temos a zona de proporcionalidade, onde o alargamento é proporcional a deformación.

 

A constante E, chámase módulo de Young ou de elasticidade

Hai outra zona que é a non proporcional, onde xa non se cumpre esa relación de proporcionalidade.

ZONA PLÁSTICA: Xa se pasou do límite elástico, polo o parar as forzas non recupera a lonxitude inicial.

En esta zona tament demos zona de deformación plástica uniforme ou zona de límite de rotura , onde se consiguen grandes alargamentos con pequenos incrementos de tensión.

Zona de rotura, estrición ou deformación plástica localizada, onde aínda que diminúa a forza o material se deforma ata rotura