Material interesante

(Author's name hidden)

Obradoiro de Origami

A técnica do origami pode ser empregada para potenciar a memoria de traballo, a comprensión de instrucións, a atención, etc. Ofrécense algúns tutoriais moi sinxelos para que o alumnado cree os seus personaxes favoritos.

Pikachu de origami moi sinxelos (papel cadrado). O personaxe resultante é un cubo que se pode decorar.

Caracol. Parecido ó anterior, máis realista, pero tamén máis complicado.

Personaxes de origami (avanzado, tiras de papel de 1.5 cm  de ancho -A4-). Máis realista ca o anterior. Pódense crear prendas de roupa e peinados.

Personaxes de origami (avanzado, modular). As pezas con fáciles, pero resulta moi difícil de montar)

Fontes tipográficas para simplificar a lectura

Fontes "palo seco"

A investigación, mediante o estudo do "eye tracking" indica que as fontes "palo seco" ou "san serif" facilitan a lectura para todas as persoas, incluídas as persoas con dificultades específicas da lectura. O tamaño ideal para optimizar a comprensión é de 14 puntos. Exemplos de fontes de este tipo son calquera denominada "san serif", como "Open Sans", "Arial", "Helvetica", etc. A vantaxe de usar estas fontes é que xa veñen instaladas nos programas.

Fonte "Open Dyslexic"

opendyslexic.PNG

Esta fonte foi especialmente deseñada para dar resposta a aquelas características das letras que poden impedir a comprensión de textos. Aínda que non existe investigación suficiente para demostrar que realmente marque unha gran diferenza, hai un grupo de persoas que aseguran que lles fai a lectura máis doada. Desde logo, o seu uso non afectará negativamente á comprensión. Unha contrapartida, é que resulta necesaria a súa instalación, porque non adoita ser incluída nos sistemas operativos.

GNU/Linux

Para instalar esta fonte tipográfica, o primeiro é descargar este ficheiro, despois de descomprimilo cópianse os ficheiros otf que interesen na carpeta /usr/share/fonts/opentype. Por último tecléase o comando "sudo fc-cache -f -v".

Windows

Fai doble click no ficheiro e segue as instrucións.