Fornelos ao monte

Descrición

Jessica Rodríguez Piñeiro.png

Este proxecto xorde da necesidade de achegar ao alumnado coñecementos acerca do lugar onde viven, para que dese xeito descubran o patrimonio natural, artístico e cultural que os rodea. Fornelos ao monte nace co propósito de que todo o que fagamos teña unha implicación social, que o alumnado poida desfrutar dos espazos naturais ao aire libre e aprender en contacto coa natureza. Alumnado, familias, profesorado, habitantes da contorna todos nos unimos en prol de Fornelos e a aprendizaxe.

Iniciamos o noso proxecto dende a biblioteca do centro, pois é o núcleo central de onde parte esta aventura educativa e didáctica. A nosa mascota vai deixando pistas ao alumnado relacionadas con Fornelos de Montes, a través de cartas, audios, xogos de xeito que progresivamente vaian achegándose ao proxecto.

A partir de aí, empezou a nosa labor de investigación e escoita das reflexións e pensamentos de persoas con coñecemento sobre a zona. Fixemos un obradoiro sobre a idade do bosque coñecendo plantas e árbores autóctonas coa axuda dun axente forestal e facendo un roteiro a pé polos arredores do centro, repoboamos con árbores autóctonas zonas de bosque que foron queimadas, algunha delas mesmo con pequenos carballos que eles mesmos coidaron e fixeron agromar con landras.

Grazas a arqueólogos e xente da zona que fixeron de guías puidemos coñecer con detalle lugares como a Cidade do alén, o Foxo do lobo ou o Monte da cidade. Nesas visitas ao monte fixemos recollidas de lixo, entrevistas, plantacións, pescudas e xogos. Construímos libros pop up, fixemos cancións, folletos de cada unha das zonas que iamos investigando, entrevistas e vídeos informativos. Por último, estamos a traballar na creación de chapas deseñadas polo alumnado que se porán á venda para recadar fondo para repoboar zonas de bosque queimadas.

Datos xerais

Centro educativo  Ceip Doutor Suárez - Fornelos de Montes
Etapa  Infantil e primaria
Área ou temática Traballo por proxectos a nivel centro dende a biblioteca.
Datas  Dende setembro de 2020

Centro educativo

experiencias-cadrado.png

Facebook

facebookfornelos.JPG

Vídeo 1

Vídeo 2

Vídeo 3