Recomendacións de traballo.

Benqueridas familias,

 

Como ben indica o título deste bloque, as seguintes, son unhas orientacións que non tedes por que seguir ao pé da letra:

 

O modo de traballo que vos propoño, é seguir os libros de Matemáticas e Lingua Galega como vimos facendo habitualmente na clase, e unha serie de fichas e traballos de Lingua Castelá que seleccionei para estes días. Enviareivos tamén as solucións dos libros para que, ou ben vós, ou ben directamente os pequenos e as pequenas, poidan corrixir os seus traballos.

Do mesmo xeito, e para que as nenas e nenos sigan un ritmo o máis normalizado posible, seguiremos o horario semanal que temos fixado para este curso 2019/2020.

 

Propóñovos que os nenos e nenas aproveiten as mañás para facer as tarefas escritas e deixar as tardes para outras actividades, como poden ser a lectura, o visionado de vídeos, etc... Por suposto, ademais do estritamente académico, teñen que ter tempo para xogar, axudar nas tarefas de casa e mesmo para aburrirse : ).

 

En canto as tarefas escritas (fichas) recomendo imprimilas para facelas (excepto as solucións). Se algún de vós non pode imprimilas, que o fagan nun caderno poñendo: Tarefa 18, exercicio 1, 2...

 

Tedes o meu correo electrónico á vosa disposición, tanto para mandarme calquera tipo de suxerencias, como para facerme consultas ou pedirme material complementario/reforzo. franciscolopezcanas@edu.xunta.es.

 

Moito ánimo e unha aperta ben grande para todos vós.

 

Paco.