ESPAZO VIRTUAL DO PROXECTO LECTOR DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

C.P.I Cernadas de Castro - Lousame

rotulo libroland5.png

II TÓMBOLA LECTORA

ROTULO TOMBOLA.gif

Por fin chegou o día!

O 31 de maio celebrouse a II Tómbola Lectora de 5º e 6º de Primaria. Todos os nosos lectores e lectoras puideron acudir á biblioteca cos puntos gañados para canxealos por apetecibles agasallos. Foi unha divertida reunión que puxo o broche final ás actividades do proxecto lector e do noso espazo Libroland. Aquí tedes algunhas fotografías tomadas na celebración.

Ata o curso que vén!

E a ler moito! wink

GAÑADORES DO 3º CONCURSO LITERARIO

Aquí temos por fin aos gañadores do último concurso literario deste curso, xunto coas súas obras.

Noraboa aos tres premiados!

violeta 3 concurso.jpg lucia 3 concurso.jpg jorge 3 concurso.jpg

 

 

3º CONCURSO LITERIARIO: BANDA DESEÑADA

E xa chegou o terceiro e último concurso literario deste curso! Nesta volta a proposta é a banda deseñada.

Proximamente coñeceredes os gañadores ou gañadoras do concurso.

comic-idea.png

 

O DÍA DO LIBRO

En Libroland celebramos o Día do Libro, entre outras actividades, cunha exposición moi divertida. As alumnas e alumnos fotografáronse xunto cun libro que lles gusta e recomendan.

Así de chulo quedou o taboleiro!

bookselfie_xeral.jpg.1

bookselfie1.jpg 

bookselfie3.jpg

bookselfie2.jpg

2º CONCURSO LITERARIO: Gañadores do concurso de poesía.

Aquí temos aos gañadores do concurso de poesía!

No taboleiro de LIBROLAND, no corredor de Primaria poderedes ver as súas creacións.

2concurso_def.jpg 

 

Noraboa e a seguir creando!

2º CONCURSO LITERARIO: Poesías de amor, paz e amizade

O segundo concurso literario deste curso centrarase na creación poética. Os alumnos e alumnas participantes foron convidados a escribir poemas sobre a paz, o amor ou a amizade, debido as destacadas celebracións que nos ocupan nos primeiros meses do ano.

Peace-And-Love-By-David-Rock-Design-800px.png

 

Proximamente coñeceredes o nome dos gañadores ou gañadoras deste concurso.

1º CONCURSO LITERARIO: Gañadoras do concurso de relatos de terror

Aquí tedes ás tres gañadoras do primeiro concurso literario deste curso 2107-2018

A decisión estivo moi complicada, xa que os relatos presentados por todas e todos os participantes foron moi bos...e terroríficos!

Concurso Violeta.jpg   Concurso Marta.jpg   Concurso Carla.jpg 

Noraboa rapazas!

E moitas grazas a tod@s @s participantes.

Agardamos que para o vindeiro concurso sexades aínda máis.

1º CONCURSO LITERARIO: Relatos de terror

O concurso literario proposto para este primeiro trimestre será de relatos de terror, en referencia á celebración do Samaín.

Proximamente, faranse públicos os nomes dos gañadores e gañadoras do concurso.

Moitas grazas por participar!     Timid-Ghost-800px.png

Booktube Icono Libro.png

Canal de vídeos sobre os nosos gustos literarios, recomendacións, reseñas... e moito máis!

Imaxes tomadas na celebración da primeira tómbola lectora, no curso 2016-2017.