Bo día!

Ola rapazada! Que tal a fin de semana? Seguro que xenial... Sabedes que esta é a penúltima semana de curso? Pois si: non queda nada para as vacacións de verán! Así que, ánimo! Imos traballar un pouco:

- En Matemáticas propóñovos dúas fichas interactivas: unha de pensar un pouco e outra de repaso de sumas e restas na que teredes que resolver un puzle.

- En Lingua Galega déixovos tres imaxes con 4 debuxos cada unha. Teredes que escoller dúas e facer unha historia con elas no caderno (8 debuxos: 1 historia). Lembrade que debe ser en galego! Pensádea antes de escribila e facede boa letra! (Non debería ocupar máis dunha carilla).

 

Isto é todo por hoxe.

 

Bicos e apertas,

 

Paco.

Lingua Galega

Details