Obxectivos

Estas unidades están deseñadas para aqueles alumnos que carecen de competencia dixital e poder axudar aos profesores que precisen de material para facilitar unha primeira aproximación ao novo dispositivo.

Previo ao traballo co EVA e a empregar os ordenadores de forma continuada debemos presentar unhas nocións básicas sobre o seu manexo que ampliarán a competencia dixital dos rapaces. Comezarán dunha maneira mais segura e eficiente o traballo diario durante o curso. Inda que parezan unha perda de tempo, ao longo, sempre será tempo gañado.

O profesorado que o precise, pode acceder aos manuais e a toda a información dos proxectos Abalar e Edixgal na Aula Aberta Abalar: ( http://www.edu.xunta.es/centros/abalar )

Nesta proposta traballaremos de forma secuenciada os seguintes aspectos:

1. Nocións de informática básica.

fondo_abalar

En moitas ocasións, hai certos pequenos detalles que consideramos triviais e que están tan asimilados na nosa rutina diaria que non lles damos a importancia que poden ter para un alumno que se incorpora a un proxecto como Edixgal.

Falamos entre outras cousas de: destreza co rato, manexo de ventás, gardar traballos, arquivos e carpetas, borrar e tirar ao lixo o que non nos gusta, as iconas de acceso directo, etc.

2. Aprendendo a escribir con Tuxtype

Coa introdución dos ordenadores nas aulas é esencial que o alumno saiba escribir no teclado cunha certa soltura.

Aínda que a mecanografía é o resultado da práctica diaria, é importante un coñecemento básico da ubicación das teclas. Doutra maneira, é moi probable que se adquiran malos hábitos que logo son difíciles de erradicar ( escribir a dous dedos, mala posición das mans, malas posturas e dores de lombo, etc)

3. Ofimática na aula

As ferramentas de Ofimática, xeran moitísimas posibilidades didácticas na aula.

As principais ferramentas que imos empregar son o procesador de textos Writer e o programa de presentacións Impress.

4. Internet: A rede global

firefox.jpeg.1

Internet é unha rede mundial de comunicacións baseada na conexión de millóns de computadores que permite compartir recursos e información mediante unha serie de protocolos.
Usos máis destacados da internet:
  • Acceder á maior e máis actualizada fonte de información e recursos.
  • Comunicación rápida (correo electrónico, foro, localizadores).
  • Intercambio cultural e social.
  • Romper límites espaciais e poder realizar traballos conxuntos entre alumnos/ as que se atopan en diferentes zonas xeográficas e viven realidades, culturas e experiencias distintas.