Instrucións

Ola Familias!! Empezamos a semana con forza e positivismo...para á semana xa poderedes saír dar unha voltiña cos papis...asi que pouco a pouco imos vendo o final do túnel...Veña que comezamos con moito ánimo:

Matemáticas: Imos ver que tal aprendestes as táboas dos 5 e do 6 con estas fichas tan coloridas..

Lingua:Uns exercicios moi sinxelos sobre a oración.

CCSS: Imos repasar o tema 1..Lembrades? Onde vivimos , a localidade vila e aldea, concello e normas viarias.....Pois ben imos facer algo moi divertido.Coa axuda dos papis ides ir a Google Maps e ides poñer o nome da vosa localidade..Podedes ir a satélite e dar unha voltiña pola rúas..E ben ..agora repondede a unha serie de preguntas:

Vives nunha localidade grande ou pequena?

Está rodeada de bosques ou non?

Está preto dalgún aeroporto?

Conto da semana: Ides ler durante estas semana o conto de : " As aventuras de Osiño"

*Por certo encantaríame ver os vosos animaliños de papel , que mandei antes das vacacións de Semana Santa,si os fixestes..podedes mandarme unha foto ó meu correo.

CCSS

Conto da semana