Páxina para gardar, e compartir, o traballo enviado ao curso EU Code Week Online Bootcamp desenvolto na EU Schoolnet Academy para celebrar a codeweekEU 2021

Avaliación por pares

Agueiro2ED_MCNF Agueiro2ED_MCNF
06 November 2022, 5:21 PM

Moi ben, a páxina ten dúas filas con dúas columnas na primeira e unha na segunda.

Hai variedade de obxectos: Texto, imaxe, pdf ...

Parabéns

1 avaliación

Autoría

Details

Obradoiro AI

Details

Quick, Draw

Comezamos o obradoiro xogando cunha "rede neuronal" de Google. Debuxamos un pouco? Despois sacamos conclusións.

https://quickdraw.withgoogle.com/

quickdraw.jpg

Introducción á Intelixencia Artificial e ao Machine Learning

Aínda que non o traballamos no taller, recoméndovos esta unidade de code.org para introducir a Intelixencia Artificial e o Machine Learning dende idades moi temperás.

Unha forma divertida e didáctica de code.org Intelixencia Artificial para os océanos

Aparte do xogo tamén tén vídeos interesantísimos en inglés con subtítulos. 

AIoceanos.png

 

Entrenamento texto e asistente virtual

Na seguinte presentación, aparte de introducir a IA e o ML, traballamos a creación dun asistente virtual, que obedeza ás ordes que lle damos empregando a nosa linguaxe natural.

Hai información doutros proxectos que poden ser de interese.

Presentación guía obradoiro AI

Asistente Virtual en MLK

Entrenamento de imaxes

No vídeo pódese ver algo parecido ao que fixemos de "Meteofotoprediccións" noutro servizo de Machine Learning chamado Learning ML desenvolto por Juan David Rodríguez, profesor de Tecnoloxía. Nós empregaremos por simplicidade MLK (machine learning for kids) para facer o entrenamento de imaxes no mesmo servizo que o noso asistente virtual.

Entrenamento de imaxes (exemplo()

Entrenamento de imaxes: O Camaleón ou cómo ensinar cores a unha AI