INICIACIÓN BASKET

INICIACIÓN Ó BALONCESTO: BOTE E PASE (1)

Comezamos coa iniciación ó Basket aprendendo o bote e pases, primeira parte

INICIACIÓN Ó BALONCESTO (Bote e pase, parte 1)

Details

FASE DE QUECEMENTO

Para o quecemento necesitamos os globos e facemos os exercizos do seguiente video (do minuto 00:00 ata o minuto 1:35) que son:

1.- Desprazamento en parellas suxetando dous globos

2.- Correndo dun extremo a outro da habitación/corredor/patio... suxetando o globo entre as pernas

3.- Saltando dun extremo a outro da habitación/corredor/patio... suxetando o globo entre as pernas

4.- A 4 patas mirando para abaixo dun extremo a outro da habitación/corredor/patio... suxetando o globo entre as pernas

5.- A 4 patas pero mirando para arriba dun extremo a outro da habitación/corredor/patio... suxetando o globo entre as pernas

6.- Pata coxa suxetando o globo ca perna doblada

FASE PRINCIPAL

Como son os primeiros exercizos é normal que non saian ben á primeira. Temos que tomalo con calma. Son unhas poucas actividades pero que nos servirán para logo facer outras máis complexas

FASE FINAL

Rematamos cos seguientes exercizos de masaxes en parellas, pódese facer co globo aínda que é preferible que sexa cunha pelota semellante á de tenis

 

1.- Descalzos movemos o pé sobre o globo

2.- Tumbados boca arriba primeiro e logo boca abaixo; deslizamos rodando a pelota dende os pés ata a cintura pasando cada vez por unha perna. Logo dun par de minutos cambiamos coa parella

3.- Tumbado boca abaixo deslizamos rodando a pelota pola espada, dende a cintura ata a nuca. Logo dun par de minutos cambiamos coa parella

4.- Boca arriba cos brazos extendidos, deslizamos rodando a pelota polos brazos pasando duna ó outro. Logo dun par de minutos cambiamos coa parella

5.- Rematamos deslizando a pelota na parte do corpo que nos indique. Logo dun par de minutos cambiamos

VÍDEO QUECEMENTO

BOTE

Comezamos con exercizos de bote de balón. Para facelos usamos una pelota que bote adecuadamente e non sexa moi pequena. Primeiro vemos o vídeo e logo facemos os exercizos. (É normal que se nos caia a pelota varias veces, estamos empezando...) 

 

 

1.- Manexo do balón pasándoo en horizontal de man a man

2.- Manezo do balón pasándoo cara arriba

3.- Rodear a cintura con balón

4.- Bote de control

5.- Bote pasando o balón de man a man

6.- Mezcla de bote de control con pase de balón de man a man (Sei que é complicado, cada un o fai o mellor que poida, repito que ésta é a primeira clase)

VÍDEO DE BOTE

PASE

Logo de ver o vídeo ata o minuto 1.25 facemos os exercizos. Utilizamos o globo nos 3 primeiros exercizos e unha pelota que bote no úlitmo. En canto á distancia de separación sería aquela que nos permita pasar o balón e que chegue á nosa parella.

 

1.- Pase de peito (Tal como indica o video, pasamos o balón lanzandoo cos brazos extendidos dende o peito)

2.- Pase con dúas mans dende a cabeza (Igual que no vídeo, pasamos o balón por riba da cabeza)

3.- Pases cunha man alternando de cada vez unha distinta.

4.- Pases picados lanzando a pelota cara o chan para que rebote e lle chegue á nosa parella

VÍDEO PASE