Matemáticas, Lingua, Ciencias Sociais

Ficheiro descarga

Bos días!

Ola a tod@s, entramos xa na recta final deste curso algo "raro"...espero que descansarades o fin de semana e que tod@s teñades moitas ganas de traballar... Imos

Matemáticas: Esta batería de problemas e moi faciliña pero...TEN TRAMPA. Coloca a solución no cadrado , fíxate ben, algúns problemas non teñen solución , coloca neles a palabra "TRAMPA".

Lingua Galega: Bravas- científicas e artistas galegas. Realiza na libreta a tarefa descrita. Podedes mandarmo a ver que tal vos saiu!

Ciencias sociais: Seguimos co Sistema Solar. Colorea a ficha e escribe o nome dos planetas seguindo a lámina.

Ata mañá!

Lingua Galega "BRAVAS"

Neste arquivo recóllese unha pequena biografía de 10 mulleres galegas que foron ou son moi importantes como científicas ou como artistas.  A tarefa teredes que realizala na libreta.

1.- Poñemos a data.

2- Título: BRAVAS

3.- Nome completo de cada unha e a súa profesión (a que se adicaba ou adica) e os anos que tiña cando morreu ou os anos que ten. 

Por exemplo: Rosalia de Castro- Escritora. 48 anos

Para  saber a profesión teredes que ler a biografía de cada unha delas.

Para saber cantos anos tiña cando morreu teredes que restar o ano no que faleceu nenos o ano no que naceu. Se aínda non morreu (hai unha) teredes que restar 2020 menos o ano no que naceu. Está facil non?

4.- Escolledes unha delas, coloreades o seu debuxo, recortádelo e pegádelo na libreta. Poñédelle o seu nome.