Comezamos a terceira avaliación. Quen nos dera poder comezar con normalidade nas nosas aulas! Pero imos seguir adiante, con ánimo e con actitude positiva.

PLANIFICACIÓN

Comezamos a terceira avaliación. Como aínda non dispoñemos de instrucións oficiais sobre como desenvolvela, imos comezar esta semana con algunhas tarefas.

En primeiro lugar, comentarvos que podemos continuar utilizando SNAPPET (o das tablets que faciamos na aula). Para iso, a cada un enviareivos un email co voso usuario e o voso contrasinal. Déixovos abaixo un pdf explicativo de como tedes que facer para poder traballar. Ademais, como novidade nesta ferramenta, tedes dispoñible un chat (un icono azul chat-26_icon-icons.com_65943.png )no que podedes escribirme e eu contestarvos (se no momento en que me escribides por Snappet non estou conectada, verei a mensaxe cando me conecte e xa vos contesto).

CIENCIAS NATURAIS: ides facer un resumo do Tema 1. Lembrade que xa fixemos na clase o resumo do tema 5 e vos ensinei a facelo. Saber resumir, é unha habilidade fundamental para os vosos anos de estudio e para a vida.

COMO FACER UN RESUMO.png

MATEMÁTICAS: volvemos ao PDF da Calesa (déixovos de novo o pdf abaixo). Imos facer os dous primeiros exercicios da páxina 94:  consisten en escribir números en letra e con cifras respectivamente. E a páxina 96: tedes que completar as táboas multiplicando cada número da fila de arriba, por todos os números da columna da esquerda.

 LINGUA CASTELÁ E LINGUA GALEGA: póñovos algúns exercicios en Snappet. Se tedes calquera problema para acceder, comentádeme por email e axúdovos (lembrade seguir as instrucións do PDF de abaixo e que vos mandei ao email o voso usuario e contrasinal), 

MOITO ÁNIMO! E LEMBRADE QUE ME TEDES AQUÍ PARA O QUE PRECISEDES

 

SNAPPET

PDF LA CALESA

ÁNIMO!

Details