Actividades interdisciplinares para traballar durante este días de corentena a causa do Coronavirus

Semana 23 ao 27 de marzodía da poesía

Cando falamos de poesía todos pensamos en versos, rimas, medida,  ritmo..., pero é moito máis é musicalidade,  estética e creatividade.

Cando eramos uns bebes, os nosos pais cantábannos anainas e cantigas, que xa lles cantaran a eles os avós. Aí está o noso primeiro contacto cos textos poéticos.

Pregunta na casa, aos teus pais, avós por unha anaina ou canción de berce que coñezan, escríbea e compártea coa clase.

1.- Texto poético

É un tipo de texto literario con intención estética que expresa os sentimentos e pensamentos do autor.

CARACTERÍSTICAS

A musicalidade e ritmo: número de sílabas de cada verso, rima, sons finais, acentos... 

Linguaxe poética, que se caracteriza polo uso de recursos estilísticos para dar beleza e expresividade aos seus textos.

Details

Cantando e rimando

Víctor Grande é un cómico e monologuista galego.

No seguinte vídeo canta unha canción cunha letra que se presta a ser infinita.

Escoita "Coronavirus, non ten rima"

Actividade:

-Engade unha nova estrofa mantendo a musicalidade e a rima

Canción de Víctor Grande

Trabalinguas

Actividades

- Trátase de dicilo o máis axiña posible sen mesturar as palabras

- Podes gravarte e enviar o arquivo de son a vistah10@gmail.com

- Escribe nun editor texto (no ordenador) ou no caderno novos trabalinguas e compárteos a través do gmail de contacto.

1- Catro bois e catro vacas

soben carro costa arriba;

non hai home nesta terra

que catro veces o diga… (ata dicir catro veces).

2. Unha poldra parda petra trouxo un poldro pardo petro;

dixo a poldra parda petra ao poldro pardo petro:

-Trepa pouco, poldro pardo petro, trepa pouco.

3.  ¿Ten tinta, Antón? Tinta Antón ten.

4. Por detrás daquel toxo vai un pito coxo.

Corre, pito coxo, pito coxo, corre.

5. Se as miñas guedellas se me enguedellaron,

enguedelladas non deben de estar.

Desenguedelládemas, desenguedelládemas,

se as podedes desenguedellar.

 
Details

Debuxar con versos

ACTIVIDADES

1. Le o poema de Gloria Fuertes e reproduce de forma estética o seu contido nun folio, nun bloc de debuxo...

CÓMO SE DIBUJA UN PAISAJE
Un paisaje que tenga de todo,   
se dibuja de este modo:
unas montañas,
un pino,
arriba el Sol,
abajo el camino,
una vaca,
un campesino,
unas flores,
un molino,
la gallina y el conejo,
y cerca un lago
como un espejo.

                      Ahora tú pon los colores,
la montaña de marrón,
el Astro Sol amarillo,
colorado el campesino,
el pino verde,
el lago azul
(porque es espejo del cielo como tú),
la vaca de color vaca,
de color gris el conejo,
Las flores…
Cómo tú quieras las flores,
de tu caja de pinturas.
¡Usa todos los colores!
(Gloria Fuertes)

O caligrama é unha técnica baseada na visualidade, na que se combinan poesía e debuxo.

Un caligrama é un poema visual no que as palabras debuxan ou conforman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou calquera obxecto ou concepto imaxinable (onda, peixe, flor, choiva...)

Agustín Fernández Paz

 

2. Anímate a crear o teu propio caligrama. Pasos que debes seguir:
  1. Elixe un poema 
  2. Traza sobre o papel o debuxo co lapis, de maneira que dispoñas dun patrón sobre o cal escribir o texto.
  3. Escribe o poema seguindo o contorno do mesmo ou enchendo o seu perfil.
  4. Borra os trazos do lapis. 
E se queres facelo coa axuda das novas tecnoloxías, nesta ligazón e nestoutra tes xeradores automáticos de caligramas.
 
Para consultar: Xogos de lingua
Details

Actividades

1. Crea un POEMA DIAMANTE:

Está formado por sete versos que acadan a forma dun diamante :

O 1º verso é un nome.

O 2º verso consiste en dous adxectivos que describen a ese nome.

O 3º verso contén tres verbos.

O cuarto verso está formado por catro substantivos.

O 5º verso son tres verbos.

O 6º verso contén dous adxectivos.

O 7º verso é un nome de significado contrario á primeira palabra do poema.

Exemplo:

                                  NOITE

                         TRISTE, SILANDEIRA

              SORPRENDE, DESBORDA, ACHEGA

         FRIAXE, ESCURIDADE, NOITE, ALBORADA

                     ANUNCIA, INVADE , ACELERA

                            ANHELADA, DESEXADA

                                          CLARIDADE

Details

Acróstico

VERSOS ACRÓSTICOS son composicións poéticas nas que as inicais de cada verso forman unha palabra ou frase

Graciosa es ella con la gente

Le encantan las promesas

Ojos negros y gigantes

Ríe y es graciosa

Increíble imaginación y mente.

Adora las mariposas…

Gloria Fuertes

 Actividade 

Escribe ti un acróstico partindo dunha palabra da túa elección

Details

Ciencia con rima

- Le a seguinte definición de vacina e coa información obtida, as ideas principais,  trata de crear un poema. Pode ser divertido, orixinal... á vez que instructivo.

"As vacinas protéxennos de contraer algunhas efermidades graves. Conteñen unha parte moi pequena do microorganismos (pode ser un virus ou unha bacteria) que provoca a enfermidade. Ao inxectar só unha parte diminuta, morta ou debilitada, o corpo pensa que está sendo atacado por un axente infeccioso e deféndese creando anticorpos. Ao tempo que adquire unha memoria inmunitaria que lle permitirá recoñecer ese microorganismo  e como eliminalo."

Le agora este poema de Rosalía de Castro

Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Sóio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentóu,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal choróu Madanela na Pasión.

Está claro que o cravo no corazón é metafórico. A persoa do poema ten un pesar moi grande que a atormenta e a fai infeliz.

O corazón é un órgano vital do que seguro sabes un motón de datos. Compróbao facendo o seguinte test.

TEST DO CORAZÓN

Poemas con Problemas

- Aquí che deixamos uns problemiñas de mates escritos en verso. Fai unha lectura comprensiva. Que é o que non sei e quero saber, que información/datos teño para averigualo.

Fai as operacións e envíanos os resultados a traves do Bloque: Respostas aos problemas, indicando o teu nome e curso.

   NIVEL DIFICULTADE I

Por un camiñiño

vai camiñando un bichiño

e xa deu oito pasiños.

Entre pegada e pegada mido:

en centímetros, trinta e cinco.

Dime cal foi o seu percorrido?

NIVEL DE DIFICULTADE II

Robertiño, que é o meu veciño,OPERACIONS MATES

é pequeno coma un gran de millo.

O seu pai, que se chama Antón,

mide o triple porque é moi grandullón.

Se o pai mide 1´95 m, canto é o que mide o fillo?

AVANZADO

Fun á libraría

a comprar algúns libros de poesía.

Díxome o libreiro,

que é un home moi chusqueiro:

“Se acertas cantos son

os libros desta colección,

douche un máis de promoción”

Pregunteille cal era o acertixo

e isto foi o que me dixo:

“Réstalle 3 á metade deses exemplares

e resulta o primeiro dos números pares”.

Cavilei e resolvín

e aquel agasallo foi para min.

- Inventa ti un problema con rima e compárteo con todos nós.

Para que rime

Escribe sinónimos das palabras subliñadas. Usa o diccionario se o necesitas

Sei dun xornalista dun grande xornal

que escribe noticias dende a capital

e de tal maneira nolas enguedella

que onde é abella el escribe ovella

e nunca se sabe se o que di é cabal

Details

4.- Literatura popular

As adiviñas, os refráns e os trabalinguas  son textos da literatura popular.

As adiviñas son definicións enxeñosas de algo coñecido, pero encubríndoo de xeito que o significado queda velados a través de metáforas.

Ten lombo e non anda,

follas e non é planta,

sabe moito e nada fala.

Os refráns son ditos agudos que recollen a cultura e crenzas populares (fenómenos físicos escritos en verso)

I

Baguiño a baguiño,

fixo a vella unha pipa de viño.

II

Lúa nova con tronada, trinta días de mollada.

 

As cantigas son composicións breves destinadas ao canto. Podemos clasificalas en cantigas infantís, de labor, de costumes, de Nadal e Reis e relixiosas.

ACTIVIDADES:

Que cousa cousiña é...?

Le as adiviñas e fai un debuxo das respostas.

I

Moitas monxiñas

no seu convento

visitan flores

e fan doce dentro

II

Unha saba branca 

sen algodón

que cobre a terra toda

e o río non.

III

A miña amiga e mais eu

andamos a un compás,

coas pernas cara adiante

e os ollos para atrás.

IV

Ten pico, non é paxariño.

Cose-cose, non é fío.

Pica que pica no liño,

Na cabeza mete o fío.

Crea unha adiviña a partir destas imaxes. 

       

Details

2.- Como están formados os poemas?

COMO ESTÁN FORMADOS OS POEMAS

VERSO: Conxunto de palabras que forman liñas que teñen unha medida e un ritmo. Na actualidade os poetas utilizan con frecuencia o verso libre, que non está suxeito a rima nin a medida fixa.

ESTROFA: combinación estructurada de determinada cantidade de versos, que se repite ao longo do poema.

Medida dos versos: Para medir correctamente un verso hai que ter en conta que, a norma da medida está fixada pola palabra grave. Polo tanto:

- Se un verso termina en palabra aguda considérase que ten una sílaba máis:

Naceu un volátil bebé no Rosal 11 + 1 = 12

de parto imprevisto, nun berce casual;  11 + 1 = 12

naceu de repente e nun santiamén 11+ 1 = 12

medrou, colleu moza, casou e tamén  11+ 1 = 12

volatilizouse sen deixar sinal 11+ 1 =1 2

- Se termina en palabra esdrúxula considerase unha sílaba menos. A sílaba que non se conta é a postónica (indicada entre paréntesis) que tampouco inflúe na rima:

Aló en Pontevedra habita don Ló(xi)co, 13 - 1 = 12

Por ser un primate vive nun zooló(xi)co 13 - 1=12

en grande gaiola con reixas de ferro 12

que ten un letreiro que di "isto é un herro" 12

e así vive o home deste xeito ilóxico. 13 - 1 = 12

A rima:

Definición: Repetición dunha secuencia de fonemas ou sons ao final do verso a partir da última vogal acentuada, incluída esta.

Rima asonante ou imperfecta: é aquela na que coinciden unicamente as vogais a partir da última vogal acentuada.

Rima consonante ou perfecta:  É a coincidencia de vogais e consoantes a partir da última vogal acentuada.

Details

Poemas para compartir

Adaptación ao galego de poemas de Carmen Gil 

www.poemitas.com -  Carmen Gil  

Coeducación: El trajín de la bruja Pandora e Poemitas divertidos

ACTIVIDADES

 

 Analiza o seguinte poema de Carmen Gil. Nº de estrofas...... versos ....... Rima ..............

É esta bruxa simpática
un gran ás da bruxaría,
e ademais é catedrática
de maxia e feitizaría

Ten a nosa bruxa sen par
un prestixio tremebundo.
Véñena a consultar
os bruxos de medio mundo.

Entre esconxuro e poción,
Volve a casa en media hora
limpa o po do salón
e tende a lavadora.

Entre feitizo e sortilexio,
zurce un camisón morado,
leva ao bruxiño ao colexio,
compra no súper do lado.

Cánsase moito a pobre
Comeza a xornada ás sete
Ten sempre unha quenda dobre
Acaba ata o cornete!

 

-Acabouse este non parar.
Xa non me queda alento.
O traballo do fogar
faise ao cincuenta por cento

 

Así que, desde hai un mes,
a tarefa é compartida.
Se se fai entre todos, é
moito menos aburrida.

 

Details

O limerick

O LIMERICK é un poema humorístico, disparatado, de cinco versos con rima AABBA:

1º verso: Presenta a un personaxe (ou a un obxecto personificado)

2º, 3º e 4º versos: explican o que fai.

5º verso: adoita repetir o final do 1º verso.

Exemplo:

Había unha vez unha lombriga,

que nunca tivera dor de barriga.

Un día apeteceulle almorzar unha flor;

esa tarde non puido aturar a dor.

Iso aconteceulle á pobre lombriga.

Inventa un LIMERICK e compárteo no foro.

Details