Bo día!

Ola nenos! Ola nenas! Que tal a fin de semana? Seguro que xenial! Con este tempo, todo se ve doutro xeito, non vos parece? Imos comezar esta semana tan curtiña facendo unha tarefa de Matemáticas e outra de Lingua Galega moi sinxelas:

De Lingua faremos as páxinas 53 e 54 de competencia lectora (tarefa 20). Déixovos as solucións. O exercicio 3, farémolo no caderno.

De Matemáticas, déixovos unha ficha moi completa de repaso das horas. (Este cole é un pouquiño distinto ao noso, ao entrar rezan unha oración ;)

Unha aperta!

Paco.

 

Matemáticas