Formación en aberto para crear unha actividade relacionada coa programación e rexistrala na iniciativa europea.

Benvidas e benvidos a Galician Code

Benvidos/as a "Galician Code" unha microformación aberta de Aula Nova o espazo de formación innovador do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) de Galicia.

 

inicio_pilula.jpg

 

Nela poderás seguir unha serie de pasos para idear unha actividade e rexistrala como docente,  obtendo un certificado oficial da Comisión Europea que acredite a túa participación na Code Week.

Code, code, code

A  Code Week EU é un movemento europeo que tenta facer máis visible a programación, máis amigable, inspirando ao profesorado a introducila de xeito transversal nas súas materias. Code Week ten como obxectivo potenciar as habilidades dixitais, incorporar o pensamento computacional e conectar a unha comunidade motivada para ensinar e aprender participando nunha iniciativa plural, multicultural e plurilingüe.

Este ano, a Code Week celébrase do 10 ao 25 outubro, poden participar todos/as os/as docentes de todos os niveis educativos deseñando, rexistrando e compartindo unha actividade relacionada coa programación.

Que, como, onde, cando? Cantas preguntas!

Primeiros pasos: un, dous, tres..

Participar na Code Week é moi sinxelo, só tes que ter unha idea  e seguir este roteiro que amosamos, pode servir de pequena guía para dar os primeiros pasos. Abre a túa libreta e toma nota.

A miña primeira Code Week

Rexístrate xa!

Minicursos

Estás interesado/a en aprender doutros/as docentes? Nesta páxina podes atopar propostas sinxelas para comezar a traballar. Preme na imaxe.

Captura de pantalla 2020-10-12 a las 19.24.06.png.1

Details

Inspírate, reinventa, reescribe ou reinterpreta

Non penses demasiado na túa actividade, de seguro algún/algunha compañeiro/a ten algunha actividade xa publicada que pode servir de inspiración. Non ten por que ser algo moi elaborado, ti decides ata onde queres chegar. No caso de ser a túa primeira vez sería aconsellable non ser moi ambicioso/a e desenvolver unha actividade pouco complicada, sinxela e ben delimitada, que poidas controlar e abordar sen complicacións. Se tes máis ideas e queres facelo máis grande non tes por que frear, segue os teus impulsos.

Non hai modelos a seguir, estas son algunhas das propostas pero a Code Week non está limitada a elas, preme na seguinte imaxe interactiva.

 

Details

10 ideas a ter en conta

Descarga o teu certificado

Cando remates a túa actividade recibirás un correo para engadir datos a un formulario, logo poderás descargar o teu certificado, non esquezas cubrir ben todos os datos.

certificadocodeweek.jpg

 

Comparte

Utiliza as redes sociais  e axúdanos a difundir esta iniciativa para que outras persoas a coñezan e se anímen a participar organizando algunha actividade para a Semana Europea da programación.

Comparte actividade, experiencias, dúbidas, ideas e forma parte da comunidade virtual de #galiciancode da Aula Nova e Code Week en Twitter. Cando publiques podes empregar os cancelos:
e seguir as contas para estar ao día:

Atoparás máis publicacións informativas relacionadas tamén en Instagram.