Matemáticas, Lingua, ciencias

Bos días!

Ola nenos e nenas, comezamos outra semana, esta é curtiña pois o xoves e venres temos festa. Aínda que non podamos celebrala coma outros anos, si poderemos pasear ou descansar das tarefas do cole.

Comezamos...

En Matemáticas repasaremos as táboas con esta ficha de colorear. Non podedes esquecelas! Seguide repasandoas todos os días para sabelas moi ben en terceiro.

En Lingua Galega : Mándovos unha unidade didáctica das Letras Galegas. Farémola ao longo desta semana. Son 20 fichas moi faciliñas para coñecer un pouco máis sobre a figura de Carballo Calero e tamén da nosa Lingua.

En Ciencias Naturais comezamos co repaso das plantas. Facede as fichas interactivas, a ver se vos acordades... 

O conto da semana é : "A princesa que bocexaba a todas horas". Mándovos outra vez a ficha de lectura para que a fagades ao rematar.

Esto é todo, ata mañá!

Ciencias Naturais 18-5

Conto semanal