Modelando o pensamento

Aínda que o poida parecer, pensar non é unha tarefa automática, que non haxa que aprender. Aínda que hai xente que aprende por intuición, non sempre sucede así. Presentamos algunhas rutinas para "modelar" este pensamento nas aulas para que, coa práctica, estes procesos de pensamento se desenvolvan para seren produtivos.

Rutinas de pensamento

think.pngVexo-penso-pregunto

 Esta é unha rutina útil cando se presenta nova información. Ofrécese unha pizarra interactiva que se pode utilizar na aula cando introducimos algún contido novo. Nese momento paramos, e seguimos os pasos que se sinalan na pizarra. É mellor ir anotando as ideas sen valoralas, a modo de brainstorming.

Destrezas de pensamento

think.pngComparar

Cando xa se dominen algunhas rutinas de pensamento máis básicas, pódese pasar a esta, coa que aprenderemos a comparar, establecendo similitudes e diferenzas. Na sección diferenzas tamén se poden clasificar estas. Por exemplo, para distinguir un coche dunha moto, pódese poñer no coche que ten catro rodas, e na moto que ten dúas; no oco da categoría podemos poñer "número de rodas".

Flashcards

Segundo

flashcards.pngOs animais

O propósito desta rutina é memorizar cousas. A ciencia demostrou que a mellor forma de memorizar e tratando de recordar.  Resula máis efectivo que ler repetidamente. Repasando as tarxetas, preguntámonos a nós mesmos. Repetindo isto moitas veces, conseguimos memorizar da maneira máis eficiente.