Texto

Captura de pantalla 2022-02-03 a las 16.02.59.png.

O alumnado do noso centro está a coñecer o mellor da súa terra comezando polo máis próximo, a súa contorna. Esta iniciativa é parte do Plambe que se está a desenvolver no CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza co título "A nosa terra Galicia a nosa voz a radio".

Por este motivo, o alumnado fixo un percorrido guiado polo presidente da asociación de empresarios de Santa Comba no que, de primeira man, puideron coñecer esta iniciativa contra o feísmo que se está a poñer en marcha. Preténdese que posteriormente o alumnado poida traballar diversos aspectos educativos.

Foi así como, pasiño a pasiño, visitaron os distintos murais que pretenden loitar, como comentamos, contra o feísmo no que deu en ser esta primeira edición da dita iniciativa. Os murais son o resultado de diversas propostas realizadas a través das distintas asociacións e entidades  colaboradoras.