portada.png

O alumnado de 5ºB de EP hoxe día 9 de novembro tivo unha charla sobre educación emocional por videoconferencia a cargo de Ousman Umar.

Este ponente saíu de Ghana con 13 anos. Cruzou andando o Sáhara, sobreviviu a dúas viaxes en patera, e aos 17 chegou a España sen saberse defender en ningún dos idiomas do país.

Agora, Ousman Umar ten dúas carreiras, un mestrado, fotos con persoeiros e unha ONG premiada pola ONU. Cóntanos a súa epopea nun libro de memorias, “Viaje al país de los blancos”.