Incubadora feita cun forno vello

Páxina do proxecto de incubadora de ovos de galiña a partir da reciclaxe dun vello forno doméstico

Actividades

Preme aquí

E verás as actividades  de investigación e desenrolo que fumos facendo neste proxecto

Retransmisión en directo dia 4

Retransmision en directo dia 3 de Xuño

O proceso de fabricación da incubadora RSS

Neste Blog  vos contamos de cómo se fixo esta incubadora, na clase de electricidade e electrónica da FP Básica do CIFP Ferrolterra

Xa naceron os pitiños

Onte dia 3, xa naceron case todos os pitiños. Agora quedan poucos por nacer, e xa levamos 30 nacidos. 

Agora pasaron á nacedora, onde están xa con auga e comida, xa que e fundamental que coman e beban o primeiro día. 

Hoxe estaremos presentando o proxecto na Maker faire Galicia, e ahí podedes entrar e apuntarvos a adoptar un pitiño. 

Chegou o día 18 de incubación

  Xusto 3 días antes do día esperado de eclosión (neste caso o día 4 de Xuño), hai que retirar o volteador, baixar un pouco a temperatura aos 37,5 º ou algo menos e poñer os ovos listos para eclosionar nunha bandexa. 

   Polo tanto hoxe e o derradeiro día que estarán no volteador, porque xa non precisan del. Ademáis, aproveitamos para facer as probas de transmisión en directo da imaxen do interior da incubadora. Se por casualidade estades vendo neste intre a nosa páxina, poderedes ver os ovos ainda no volteador

   

Comenza unha nova incubación

  O pasado día 13 de Maio comenzamos unha nova incubación, tamén con ovos de raza Mos. Acendimos a incubadora a última hora do día 13, polo que os pitos nacerán moi posiblemente entre o día 3 e o 5 de Xuño.

 

Maker Faire Galicia 2021 - La mayor feria maker de España

 

    Como sabedes, imos a representar ao noso instituto na Maker Feire Galicia, así que como temos 21 días de espera pola incubación, para nós xa comenzou a exposición.  Está prtevista unha exposición virtual por mor da pandemia, asía que nós temos pensado a retransmisión en streaming  do nacemento dos nosos pitiños. 

   A partir destes días, estade atentas, que vos informaremos de cómo vai todo o proceso de incubación neste blog. 

 

A Entrega dos Pitos aos adoptantes

   Este pasado Xoves , xa fixemos a entrega oficial a todas aquelas persoas que se brindaron a levar en adopción a un dos pitiños. 

Moitas grazas a todas elas. E tamén grazas a BOAGA, a federación galega de asociacions de razas autóctonas (https://boaga.es/), onde está AVIMOS, a asociación de criadores de raza galiña de Mos. Grazas porque nos apoiaron no acto da entrega cuns obsequios para os participantes. 

Entrega2.jpg

   A entrega se fixo en dúas quendas, xa que coma e lóxico tiñan preferencia os adoptantes do propio equipo de traballo que fixo a incubadora

Entrega 4.jpg

Entrega3.jpg

 

    E logo veu o resto das persoas apuntadas a polo seu pitiño, onde ademáis levaron con eles unhas informacions sobre  a raza Galiña de Mos. 

entrega1.jpg

 E logo, unha vez acabado o acto, a clase. Iso si, volvimos a clase cos pitiños. Foi a súa primeria sesión nas aulas, onde se mostraron moi espabilados

Pitiños na clase.jpg

 

Lamentablemente, non houbo pitiños para todos os aspirantes, o cal indica que foi un éxito de convocatoria pero nos quedamos con ese mal sabor de boca de decirlle a xente que se tiñan xa esgotados, asi que decidimos, se as circunstancias o permiten, facer unha nova incubacion no terceiro trimestre. 

  Xa vos iremos informando

 Moitas grazas a todo o equipo, a dirección do centro que nos facilitou moito as cousas a BOAGA e por suposto as persoas que adoptaron os pitos.

¡ Somos pitiños de raza !

  Os nosos pitiños, non son de ningunha estirpe industrial, que xa sabedes que es tan enfocadas únicamente á producción. Son de Galiña de Mos. Esta e a única raza autoctona galega recoñecida oficialmente, co seu primeiro patrón de raza establecido xa no ano 1936. Esta raza estivo a piques da extición pero foi recuperada nun proxecto de BOAGA. 

Galiña de Mos AVIMOS 02_tcm30-114377.jpg

Galiña de Mos AVIMOS_tcm30-113545.jpg

  Polo tanto, xa sabedes, con este proxecto tamén temos contribuido a conservación da nosa raza autoctona de Galiña de Mos. Se queredes saber más sobre esta raza aquí tedes más información nestas ligazons:

Catalogación oficial do Ministerio

Páxina oficial de AVIMOS

Páxina oficial de BOAGA (Razas autóctonas galegas)

Details