Actividades da clase

Ademáis de construir a incubadora, aprenderemos temas relacionado con distintos módulos. Faremos unha serie de actividades de investigación e desenrolo

Actividades

Actividade 3 Calculando as proteccions

Actividade 2: Práctica sobre Lei de Ohm e Potencia eléctrica

Actividade 1: Investiguemos antes de comenzar

 Comenzamos por estudar qué imos necesitar ¿qué precisan os ovos para se converter en pitiños? ¿qué lles dan as galiñas?

Despois dunha investigación feita polo alumnado na clase de informática, xa temos resultados. Entre todos os videos de exemplos que tivemos e recollida de datos, estas foron as conclusions: 

1.- A temperatura e moi importante. As galiñas incuban durante 21 dias, e ate o dia 18 a temperatura debe estar entre 37,5 e 38 graos, pero teñen unha regulación térmica moi precisa, coma nós. 

2.- A Humidade debe de estar en torno ao 50 - 60 %, especialmente nos días finais. 

3.- Os ovos débense mover, como mínimo 3 veces ao día. Isto o fan as galiñas coas súas patas, para que non se quede pegada a membrana interna do ovo.

4.- ¿Sabiades que os ovos respiran? . Pois si, diso nos enteramos. A membrana e semipermeable e transpira, consumindo oxíxeno e expulsando CO2, polo que so precisamos uns orificios de ventilación, para non sobrecargar o aire. 

Así que vistas as necesidades do proxecto, debemos conseguir: 

 - Unha cámara aillada e calefactada con temperatura moi estable. Pero precisa uns pequenos orificios.

- Un Volteador automático

- Un Xenerador de Humidade.