INICIACIÓN BASKET

INICIACIÓN Ó BALONCESTO: TIRO

Inciando o tiro en baloncesto

BALONCESTO: TIRO

Details

QUECEMENTO

Hoxe faremos un quecemento específico de baloncesto pero sen balón. Para iso só tes que ver o seguinte vídeo e repetilo

QUECEMENTO SEN BALÓN

FASE PRINCIPAL

Antes de empezar veremos o seguinte vídeo que ensina a técnica de tiro. Tan so imos a velo para ter unha idea xeral de como se fai.

É unha técnica complicada polo que non se aprende nun so curso pero si podemos ir adquirindo o xesto de forma correca

Quero destacar a importancia (como se ve vídeo) de que o tiro se fai, en realidade, cunha soa man, a outra é so un acompañamento

TÉCNICA DE TIRO

FASE FINAL

Xogo do fotógrafo

Pódese facer con dúas personas (fotógrafo e mías o que posa) pero é máis divertido cantas mías persoas xoguen

Vemos o video que explica en que consiste

XOGO DO FOTÓGRAFO

EXERCIZOS

Necesitamos: Balón ou globo e algo grande que nos sirva para encestar (unha caixa, recipiente de plástico, un oco delimitado por obxectos...), on é necesario que esté a moita altura xa que estamos empezando, pode incluso estar no chan.

Comezamos de xeito individual practicando os tres exercizos do vídeo.

INICICIACIÓN Ó TIRO

XOGO DE TIRO

Imos facer o seguinte xogo entre duas ou máis persoas.

1.- Situamos o obxecto que escollimos como canasta nun lugar que queiramos

2.- Marcamos 5 lugares a diferentes distancias da canasta

3.- Comezamos tirando como aprendimos nos videos desde o primeiro punto, se metemos canasta pasamos o segundo, se non, deixámoslle a pelota ou globo ó seguinte 

4.- Rematará o que primeiro faga o todo o percorrido. Podemos repetilo cantas veces queiramos

XOGO DE PUNTOS

Neste xogo deberemos ir sumando puntos segundo as canastas que metamos. 

Lemos as instruccións e vemos o video para comprender as normas (no video cambian un pouco o número de puntos por cada canasta pero o sistema de xogo é o mesmo)

PREPARACIÓN

Pode ser individual pero é mía divertido con dous ou máis xogadores

Cada xogador terá un número de orde para saber que é o primeiro, o segundo...

Facemos unha marca no chan e situamos o que usamos de canasta a unha distancia de tres pasos.

Acordamos uns puntos a alcanzar que serán os que trataremos de conseguir para gañar o xogo (10. 15, 20, 21..).

 

XOGO

1.- Comeza o xogador 1 tirando dende ese punto

2.-Se mete canasta suma un punto e volve a tirar. Esto repetirase sempre que meta canasta. Mentras o seguinte xogador está atento para coller un posible rebote no caso de que non meta canasta

3.- Se o xogador 1 non mete canasta o seguinte xogador, que debería estar atento para coller o rebote, irá polo globo ou pelota e cando o agarre tirará dende ese lugar. Se consigue meter canasta terá dous puntos e continuará tirando dende o punto que estaba a 3 pasos da canasta.

4.- Se non consigue meter canasta dende onde colleu a pelota o seguinte xogador (ou o primeiro se non hai máis) terá que estar a tento para intentar coller a pelota e tirar dende onde a colleu e conseguir canasta.

5.- Se a consigue volve ó punto que estaba a 3 pasos da canasta para continuar tirando e se non o consigue o seguinte xogador irá polo rebote para intentar canasta dende onde o colla.

6.- E así van facendo todos os que estén xogando

7.- O xogo remata cando un dos xogadores alcance o número de puntos que se acordou

EXEMPLO XOGO DAS 21