INICIACIÓN BASKET

INICIACIÓN Ó BALONCESTO: BOTE E PASE (2)

Continuamos coa segunda clase de iniciación ó Baloncesto

INICIACIÓN Ó BALONCESTO: BOTE E PASE (2)

Details

QUECEMENTO

Para o quecemento faremos os seguintes exercizos

 

1.- Golpeando suavemente o globo ca man dereita desplazámonos pola habitación onde estemos evitando que caia no chan

2.- Repetimos o exercizo 1 pero ca outra man

3.- Suxeitando o globo entre os xeonllos desplazámonos dando saltos dun extremo a outro da habitación

4.- Golpeamos o globo para lanzalo á maior distancia posible, primeiro ca man dereita

5.- Repetimos o exercizo 4 pero agora ca outra man

6.- Desplazándonos a 4 patas, imos golpeando o globo para levalo dun extremo a outro da habitación

FASE PRINCIPAL

BOTE E DESPRAZAMENTO

1.- Bote e desprazamento: Comezamos botando unha pelota e ó mesmo tiempo desprazámonos como queiramos

2.- Bote con cambio de dirección: Logo de ver o video ata o minuto 1:40, intentamos desprazarnos en zigzag poñendo algúns obstáculos no chan

BOTE CON CAMBIO DE DIRECCIÓN

FASE FINAL

Como exercizo lúdico final faremos o seguinte xogo:

Necesitamos:

Tres persoas

Unha pelota que bote adecuadamente

Un recipiente para a pelota

 

Consiste en: 

Fórmase un equipo cunha parella que deberá pasarse a pelota ou ir botando tratando de chegar ó recipiente para deixala dentro.

 

Normas:

Obrigatorio dar 3 pases cada un da parella

Obrigatorio botar a pelota contra o chan cinco 5 veces cada un da parella

A terceira persoa pode interceptar o balón tanto nos pases como nos botes que está facendo a parella

Cada vez que se consigue levar a pelota ó recipiente ou interceptar a pelota vanse cambiando os compoñentes da parella

PASE DE PEITO

1.- Pase de PEITO: Logo de ver o vídeo tan so temos que practicalo con alguén da familia o contra unha parede. Na parte final do vídeo hai unha serie de exercizos que podemos facer volutantariamente xa que depende do número de persoas que sexades e do lugar. Non vos preocupedes se non podedes facelos, basta con practicar o pase en parellas ou coa parede

PASE DE PEITO

Pase PICADO

2.- Pase Picado: Igual que no exercizo anterior, vemos o vídeo e practiamos o pase picado. Recórdovos que, se non dispoñedes do espazo ou material,  podedes facer o pase picado contra unha parede ou contra a nosa parella

PASE PICADO