Termos e condicións
Normas e condicións de uso
Agueiro é unha plataforma en liña que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, ofrecen aos centros educativos galegos como ferramenta para poder crear a súa propia comunidade educativa virtual onde poderá participar todo o profesorado e alumnado do propio centro.
Os usuarios de Agueiro (profesorado e alumnado) deberán respectar en todo momento os seguintes termos e condicións de uso:
- Para poder ser usuario/a de Agueiro é imprescindible ser profesor/a ou alumno/a dun centro educativo galego de educación primaria ou secundaria.
Ademais, se o centro educativo ao que pertence o usuario xa dispón da súa propia comunidade educativa virtual dentro desta plataforma, poderá acceder a todas as funcionalidades específicas das comunidades.
Non se permite o acceso a Agueiro a ningún usuario que non pertenza a un centro educativo galego, como profesor/a ou como alumno/a. - A identificación do usuario de Agueiro está vinculada a unha conta de correo electrónico que, no caso dos alumnos, foi introducida durante o seu rexistro como usuario.
Esta conta de correo electrónico deberá ser do seguinte xeito:- Para os profesores/as: será sempre a súa conta de correo corporativa "usuario@edu.xunta.es"
- Para os alumnos/as: deberá ter sempre o formato "nome.apelidos@codigocentro.es", onde "nome.apelidos" serán o nome e apelidos reais do alumno e "codigocentro" será o código do centro educativo onde está matriculado ese alumno.
IMPORTANTE: A conta de correo electrónico que se introduce para cada alumno co formato "nome.apelidos@codigocentro.es", serve únicamente para identificar e relacionar a cada alumno coa súa comunidade educativa (centro educativo).
Esta conta non funciona nin funcionará nunca como conta de correo electrónico do alumno.
- Os usuarios con rol de "administrador" (un responsable do centro educativo) e rol de "xestor" (profesorado do centro educativo) deberán velar polo bo funcionamento da súa propia comunidade educativa virtual e o respecto das normas expresadas aquí.
- Nesta plataforma non se permiten comportamentos, accións ou publicacións que ben polo seu contido ou na súa forma atenten contra o respecto, a liberdade e os dereitos de outros. Neste sentido, non se tolerarán actitudes inadecuadas por parte de ningún dos usuarios como o abuso, a intimidación, o acoso ou a ameaza.
- Non se permite transmitir a través desta plataforma calquera contido que puidera violar os dereitos protexidos pola actual normativa da propiedade industrial e/ou propiedade intelectual.
- Todos os contidos e informacións publicadas en Agueiro por parte de calquera dos seus usuarios deben respectar os dereitos de protección de menores, así como tamén os referidos á integridade moral dos demais usuarios de Agueiro e de terceiras persoas.
- Non está permitido o uso desta plataforma con fins distintos aos estritamente educativos.
Non se permite o uso con fins comerciais, intervencións con ánimo de lucro, nin a promoción ou difusión de ningún tipo de grupos ou asociacións políticas ou relixiosas. - Ningún usuario de Agueiro pode usar esta plataforma con propósitos ilícitos, ilegais ou non autorizados.
O incumprimento de algunha das condicións expostas anteriormente terá como resultado a expulsión inmediata do usuario desta plataforma e a cancelación da súa conta de usuario.
Os administradores de cada comunidade educativa virtual teñen a capacidade de executar este tipo de accións sancionadoras contra o usuario.
En calquera caso, os responsables de Agueiro, AMTEGA e a Consellería de Cultura, Educación e O.U. resérvanse o dereito de emprender as sancións e accións legais que se estimen oportunas en cada caso.