Política de privacidade

Usuarios

Para poder ser usuario de Agueiro debes ser profesor/a ou alumno/a dun centro educativo galego de educación primaria ou secundaria. Ademáis, se o teu centro educativo xa dispón da súa propia comunidade educativa virtual dentro desta plataforma, poderás acceder a todas as funcionalidades específicas das comunidades.

Non se permite o acceso a Agueiro a ningún usuario que non forme parte dun centro educativo galego, como profesor/a ou como alumno.

O teu perfil de usuario é visible polos membros da túa propia comunidade virtual educativa (centro educativo en Agueiro), polo que debes poñer especial atención aos datos que mostras no teu perfil.

Debes ser totalmente responsable cos teus propios datos persoais.

Se decides que non queres mostrar ningún dato no teu perfil, simplemente elimina todos os elementos que aparecen na túa páxina do perfil.

Roles de usuario

En todas as comunidades educativas virtuais (centros educativos en Agueiro) existen o rol de administrador e mais o rol de xestor.
O rol de administrador será asumido por un ou varios responsables do centro educativo e o rol de xestor será asumido polo profesorado dese mesmo centro.

Tanto os administradores como os xestores serán os encargados de velar polo bo funcionamento da súa propia comunidade e o cumprimento das normas.

Os administradores xestionan íntegramente a súa comunidade, incluíndo as altas e baixas de usuarios, e os xestores controlan o funcionamento dos grupos.
En algúns grupos tamén pode existir o rol de titor (un profesor membro do grupo), que exercerá as funcións de moderador do grupo.