Acerca de

Que é Agueiro?

Agueiro é unha plataforma en liña que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ofrecen aos centros educativos galegos como ferramenta para poder crear a súa propia comunidade educativa virtual onde poderá participar todo o profesorado e alumnado do propio centro.

Agueiro combina as funcionalidades de rede social, portafolio dixital educativo e espazo persoal de almacenamento na nube.

A quen vai dirixido?

  • Profesorado
    Todo o profesorado dos centros educativos de Galicia de ensino non universitario, pode acceder ao seu espazo persoal en Agueiro con só introducir os seus datos de identificación corporativa, é dicir, o mesmo usuario e contrasinal que usa para acceder á súa conta de correo electrónico "usuario@edu.xunta.es".
  • Centros educativos
    Os centros educativos que o soliciten, poderán dispoñer da súa propia comunidade educativa virtual dentro de Agueiro, da que poderán formar parte tanto os profesores como os alumnos do propio centro.
    Cada unha destas comunidades terá o seu propio administrador (un responsable do centro educativo) e os seus propios xestores (os profesores/as do centro) que serán os encargados de realizar o mantemento e a xestión íntegra da súa comunidade.
    As comunidades proporcionan funcionalidades adicionais aos usuarios que pertencen a elas, como son a creación de grupos, contidos específicos dos grupos, ferramentas colaborativas, foros de debate, ...etc
  • Alumnos
    Os centros educativos que xa dispoñan dunha comunidade educativa virtual en Agueiro, poden dar de alta aos seus propios alumnos.
    Os alumnos, dispoñen do seu propio espazo persoal privado así como tamén teñen acceso a todas as funcionalidades propias das comunidades.

O entorno de traballo de Agueiro

Cando o centro educativo xa ten creada a súa comunidade en Agueiro, chega o momento de empezar a traballar pero ... cómo se traballa en Agueiro?.

Imaxina que tes unha caixa onde vas gardando e clasificando todo o teu traballo. Nesa caixa irás metendo os textos que escribiches, as túas presentacións, as fotos que fixeches, os teus debuxos, os teus vídeos ... e moitas outras cousas.
A todas estas cousas, en Agueiro chamámoslles "Artefactos".

Todos estes artefactos están na túa caixa, así que ninguén máis pode velos porque a túa caixa de artefactos é privada e só ti podes acceder a ela.
A esta caixa, en Agueiro chamámoslle "Contidos".

Para que outros usuarios de Agueiro poidan ver e valorar o teu traballo (os teus compañeiros, os teus profesores, ...) debes crear "Páxinas" nas que poderás colocar algúns dos artefactos que tes na túa caixa e que demostran todo o que traballaches sobre un determinado tema.
Podes crear tantas páxinas como queiras.

Ao conxunto de todas as túas páxinas, en Agueiro chamámoslle "Portafolio"


O entorno social de Agueiro

Agueiro tamén proporciona un entorno de rede social onde todos os usuarios poden relacionarse entre sí formando parte dos distintos "Grupos" que se poden crear.

Unicamente os profesores (xestores) e os responsables das comunidades (administradores) poden crear grupos, pero todos os usuarios poderán unirse a aqueles grupos onde se lles permita o acceso. A estrutura de grupos pode reproducir a estrutura do propio centro educativo ou pode responder a calquera outro criterio organizativo.

A páxina de inicio do grupo é o seu espazo principal, desde onde os membros do grupo poden acceder aos distintos elementos e ferramentas propios do grupo: blogs, ficheiros, carpetas, páxinas, foros de debate e coleccións.